O Festival

Benvidos á segunda edición do festival Porta Máxica de Ferrol, un evento organizado polo Concello de Ferrol que traerá á nosa cidade, por segundo ano consecutivo, a algúns dos mellores ilusionistas nacionais e internacionais.

 

Durante o 2, 3 e 4 de xaneiro, a ilusión vai invadir Ferrol en forma de diferentes actividades: obradoiros, nos que os máis pequenos poderán aprender a facer maxia, actuacións no Complexo Hospitalario Universitario, na Residencia de Maiores e, por suposto, no Teatro Jofre, que será o anfitrión das galas de maxia.

 

O Concello de Ferrol fará aparecer a todo tipo de magos para a ocasión: cómicos e elegantes, maiores e novos, clásicos e innovadores, así como artistas doutros países e da nosa propia terra.

 

Estes profesionais da maxia atravesarán a Porta Máxica, e chegarán a Ferrol para traer toda a súa ilusión.

Programa

Mércores 2

11:30 - Apertura oficial do festival - Vestíbulo do Teatro Jofre (Prensa)

12:30 - Obradoiro de maxia - Asociación de Veciños de Valón

17:00 - Obradoiro de maxia - Centro Cívico de Caranza

18:30 - Álex Louzao presenta "De ilusións tamén se vive" - Centro Cívico de Caranza - Entrada libre

Xoves 3

11:00 - Obradoiro de maxia - Biblioteca Municipal (Praza de España)

12:30 - Obradoiro de maxia - Centro Cultural Carballo Calero

17:00 - Espectáculo de Joshua Kenneth - Centro Cultural Torrente Ballester - Entrada libre

19:30 - Gala de maxia Lorc & Julit co Colectivo Máxico Lorc & Julit, Joshua Kenneth e Álex Louzao. Presenta: Mag Marín - Teatro Jofre.

 

MERCAR ENTRADAS

Venres 4

11:00 - Maxia solidaria - Complexo Hospitalario Universitario de Ferrol

12:00 - Maxia solidaria - Residencia de maiores de Caranza

18:00 - Gala Porta Máxica, con Gaëtan Bloom, Gran Carlini, Jordan Gomez, Mag Marín. Presenta: Martín Varela - Teatro Jofre

20:30 - Gala Porta Máxica, con Gaëtan Bloom, Gran Carlini, Jordan Gomez, Mag Marín. Presenta: Martín Varela - Teatro Jofre.

 

MERCAR ENTRADAS

Obradoiros

Queres ser maga/o? Dende a organización de Porta Máxica decidimos crear un espazo para que as nenas e nenos de Ferrol poidan aprender algúns efectos e convertirse en aprendices de ilusionista.

 

Hai prazas limitadas, 20 para cada obradoiro, para pequenas/os de entre 6 e 12 anos, e serán repartidas por rigurosa orde de inscripción. A duración dos obradoiros é de unha hora. Non quedes sen o teu sitio!

 

A inscrición poderá levarse a cabo no rexistro do Concello de Ferrol. Pronto + info.

 

Artistas

Jordan gomez

(Francia)

mag marín

(Barcelona)

GÄETan bloom

(Francia)

Martín Varela

(Ferrol)

Juan vidal

(Ferrol)

El gran carlini

(Barcelona)

Joshua kenneth

(A Coruña)

MAGO FON

(Ferrol)

álex louzao

(Carballo)

Contacto

Submitting Form...

The server encountered an error.

Form received.

© Todos os dereitos reservados. ® Porta Máxica